Mantemento, conservación e Limpeza de Praias na Coruña

En Jardincelas, empresa de xardinería na Coruña, levamos 10 anos realizando servizos de conservación e limpeza de praias de diversos concellos da provincia da Coruña, como por exemplo o concello de Arteixo, dende 2004 e ata a actualidade.

En Jardincelas estamos comprometidos co medio ambiente e somos moi conscientes da importancia que as nosas praias teñen para o turismo e a economía das zonas litorais. Cando unha persoa, sexa turista, veraneante ou habitante da zona, chega á súa praia favorita en verán, disfruta ao ver o limpa e coidada que está.  Ninguén imaxina cál era o seu estado meses atrás, cando multitude de residuos e lixo arrastrados polas mareas poderían supoñer un serio perigo tanto para as persoas como para a fauna mariña, no caso de ser estes residuos devoltos ao océano.

É moi importante limpar as praias sen deixar ningún tipo de residuo, pero intentando non alterar o máis mínimo o medio natural. Al igual que facemos mantenimiento de jardines o facemos de praias.  Para isto, en Jardincelas contamos con varios equipos de limpeza e mantemento de praias coa maquinaria máis avanzada e a formación medioambiental necesaria.

Acostumamos utilizar tractores con remolque e retropalas para os residuos de maiores dimensións, que posteriormente se cargan en camións e se envían rumbo ao vertedoiro. Despois débense eliminar todos aqueles obxectos máis pequenos que están misturados coa area. Para isto utilizamos unha máquina cribadora arrastrada por un tractor que nos permite realizar unha limpeza minuciosa da praia sen retirar area. A máquina cribadora pode limpar unha superficie de ata 20.000 metros cadrados de area seca nunha hora.

A maquinaria pesada sempre está acompañada por un equipo de profesionais a pe, que realizan labores de limpeza manual alí onde as máquinas non chegan, xa que existen praias de moi difícil acceso onde só se pode realizar a limpeza e conservación desta forma manual.

Limpieza de playas
Detalle de criba - Limpieza de playas
Limpieza de playas