Axudas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Orde do 3 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 das axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Persoas beneficiarias

  1. Poden ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e as persoas xurídicas sen ánimo de lucro, cando sexan propietarias, arrendatarias ou xestoras de terreos forestais, así como as comunidades de montes veciñais en man común.
  2. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias as persoas e entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, nin as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Obxecto

  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 da aplicación das axudas correspondentes ás operacións da submedida 15.1: Pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos (procedemento MT805A).

Estas axudas consisten nun pagamento anual por hectárea, durante un período de 6 anos, para compensar as persoas beneficiarias que se comprometan voluntariamente a levar a cabo operacións consistentes en cumprir un ou varios compromisos silvoambientais e climáticos pola totalidade ou parte dos custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

  1. Esta axuda ampárase no artigo 34 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e que derroga o Regulamento (CE) 698/2005 do Consello. Ampárase no Programa de desenvolvemento rural 2014-2020, dentro da medida 15: Servizos silvoambientais e climáticos e conservación dos bosques.
  2. As axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras teñen unha dobre finalidade: por unha banda, a conservación e recuperación do bosque natural, substituíndo as formacións existentes de eucaliptais por formacións nativas e, por outra, a mellora do estado de conservación das zonas de turbeiras e queirogais húmidos, coa eliminación de plantacións de eucaliptos.

Contía

A axuda consiste nunha prima por hectárea de superficie na cal se realiza un cambio de especie ou se elimina o eucalipto, segundo o caso. O importe anual consiste nunha prima de 500 €/ha durante os cinco primeiros anos e de 200 €/ha durante o sexto ano.

Prazo para presentar a solicitude

O prazo para presentar a solicitude única comezará a contar o día da entrada en vigor desta orde e finalizará o 30 de abril de 2018, ambos incluídos.

Enlace a publicación no DOGhttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180411/AnuncioG0422-030418-0009_gl.html